Estrea do novo espectáculo de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos: 'A nena e o grilo máis aló', no Pazo da Cultura do concello de Narón, o 28 de outubro de 2018 ás 18:00h
Nesta última creación A nena e o grilo corren novas aventuras: esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?
Actores/actrices: Teatro Ghazafehos
Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas.
Magín – guitarra e voz
Cristian Legiero – teclado
Enlaces:
· Urdime: A nena e o grilo máis aló
· Revista galega de teatro 'erregueté': Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos estrean ‘A nena e o grilo máis aló’ en Narón
Entrevista no "Diario Cultural" da Radiotelevisión Galega (28/10/2018):
No hay comentarios:
Publicar un comentario