28 octubre 2017
Novo libro-disco de Magín Blanco: "Camiños"
folmusica.com:
"CAMIÑOS" e a nova aventura de MAGIN BLANCO, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo teatral, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.
CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada musica de Magin, os mozos lectores atópanse claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional.
CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos.
Un libro de 68 páxinas (tapas duras e papel offset), un CD con 13 cancións orixináis (das que destaca a xa publicada “Marcho que teño que marchar”) e contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto.
Data de saída: 24 de Novembro de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario