30 noviembre 2015

'Canta o cuco': Uxía e Magín na casa de Manuel María


Uxía e Magín presentando o novo disco-libro "Canta o cuco" no programa de radio 'Voces de Galicia' (Con Isidoro Valerio)
 
Unha visión contemporánea dos versos de Manuel María, o poeta-labrego da Terra Chá.
Unha globalidade de ritmos e estilos musicais que abrangue desde a música tradicional propia ata os universos próximos do pop e o rock pasando polos aromas da canción de autor ou os aires latinoamericanos do tango e o son cubano. Os poemas escollidos son unha escolma dos seus libros de poemas para nen@s "As rúas do vento ceibe" e "Os soños na gaiola" así como tamén de "Terra Chá" e "Os lonxes do solpor". A isto hai que engadir, ademais, unha creación propia de Magín e Uxía: "Todo me fala de ti", canción na que dialogan co universo do poeta e a súa rica e complexa personalidade. Nos poemas recitados procúrase dar unha visión máis xeral dos temas que el vivía con paixón: o espazo vital, a terra, a lingua e a identidade. O título “CANTA O CUCO. Magín e Uxía cantan a Manuel María” fai alusión ao canto do paxaro como símbolo de confianza no futuro, vínculo de compromiso e espertar a enerxía da natureza e a terra: “O ciclo da natureza que se reencontra consigo mesma, a música das esferas” 
Como contrapunto, aparecen os poemas de As rúas do vento ceibe que nos achega ao mundo urbano resaltando os seus valores mais sen deixar de cuestionar as súas eivas. (Texto: Urdime)

A obra, publicada dentro da colección Sonárbore de Galaxia,está maravillosamente ilustrada polo xenial pintor e ilustrador Leandro Lamas. 
Músicos participantes:
Magín Blanco: voz e guitarra, Uxía: voz e percusión, Guillerme Fernandez: guitarra, baixo e programacións (amais da gravación e produción), Santi Cribeiro: acordeón e teclado. Ademais de colaboracións como as de Isaac Palacín: percusión, Pablo Vidal: contrabaixo, Raquel Domínguez: gaita, Pablo Ces: bombo, Andrés Giráldez: tambor, ou 'As Mosas', familiares e amigos nas voces.

Xa está o album nas librarías e as entradas á venda para a presentacion no Culturgal Feira Industrias Culturais o próximo día 6 de decembro 2015 

No hay comentarios: