13 diciembre 2007

Magín Blanco en el Felipop de Inverno 2007

Dentro de los diferentes conciertos que se pueden ver en el Myspace de Magín Blanco para este mes de Diciembre está el del mítico Felipop de Inverno en Limodre, Ferrol.
He aquí un bonito cartel anunciando a Magín y Nick Garrie

2 comentarios:

josé dijo...

Noticia aparecida el 17 Diciembre-2007 en radiofusión
O Felipop encherá de música o día dos Inocentes
Magín Blanco e Nick Garrie son os artistas convidados no Felipop de Inverno, unha xornada de música que se desenvolverá na Casa Ardá de Limodre o vindeiro día 28 de decembro a partir das 22:30 horas. Os dous músicos repetirán actuación ao dia seguinte, o sábado 29, no Café Carteles de Ferrol.
O día dos Santos Inocentes xa non vai ser só un día para as bromas na parroquia de Santa Eulalia de Limodre, no Concello de Fene. Agora márcase tamén como un día para os amantes da música. O xa consolidado festival Felipop enxendrou unha réplica invernal que este ano protagonizarán os músicos Magín Blanco e Nick Garrie.
Lanzado en solitario co seu segundo álbum, de título "Realidad", Magín Blanco, compositor e guitarrista, achegará a Limodre a experiencia no pop de autor acumulada durante unha traxectoria que xa comezara a finais dos anos 80.
O cartel complétao Nick Garrie. Este músico británico é artista de culto para uns e un completo descoñecido para outros, pero leva dende 1969 facendo boas cancións de xeito artesán. O seu disco de debut, "The nightmare of JB Stanislas" segue a ser considerado unha xoia do pop barroco e psicodélico que marcou o paso da década dos 60 aos 70.
A cita con estes dous músicos singulares é no Felipop de Inverno que se celebra na Casa Ardá ás 22:30 horas do día 28 de decembro. Para os que queiran ración dobre, Magín Blanco e Nick Garrie repiten concerto o día seguinte, sábado, no Café Carteles de Ferrol.

Autor : Manuel Álvarez Moreira

Anónimo dijo...

Magín es el 'invitado del mes' en nuestra sección multimedia:

http://www.xavales.net/multimedia.htm